Inicio :: Novas :: Sala de prensa
Sala de prensa
Inauguración de Neoker S.L. PDF Print
Novas - Sala de prensa

O vindeiro 4 de Febreiro, Neoker S.L. celebra a inauguración oficial das súas instalacións no Novo Polígono do Milladoiro. Ó acto acudirán persoalidades relevantes tanto do entorno universitario coma doutras administracións e organismos públicos.

Neoker, S.L. ten iniciado recentemente a producción industrial dun material cerámico en forma de fibra que permiten a fabricación de composites avanzados con características melloradas…

Descargar nota de prensa en .pdf

Web de Neoker

 
Primeira asemblea PDF Print
Novas - Sala de prensa
Friday, 18 July 2008 08:19

A primeira asemblea de nanogal tivo lugar o pasado 3 de abril de 2008 en Santiago de Compostela. A ela asistiron a maioría de membros da plataforma co obxectivo de artellar os primeiros pasos da mesma.

Na reunión foron tratadas a misión e finalidade da plataforma, estudiáronse as posibilidades da nanotecnoloxía en Galicia, e analizáronse o resto de plataformas tecnolóxicas galegas.

Como resultado, a asemblea aprobou a creación dun equipo de traballo para elaborar a axenda estratéxica de nanogal. Este equipo está formado por:

  • o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG)
  • o grupo de Química Coloidal da Universidade de Vigo
  • T-Solar
  • Gairesa
  • Nanogap