|
Las Infraestructuras científicas en el Séptimo Programa Marco de la UE y el Roadmap de ESFRI |
|
|
|
Novas -
Eventos
|
|
 A Oficina Europea do MICINN está a organizar en colaboración coa OPIDi a Xornada Informativa "Las Infraestructuras científicas en el Séptimo Programa Marco de la UE y el Roadmap de ESFRI”, que terá lugar o vindeiro 30 de setembro en Ferrol (Edificio CIS T&D). Este programa, dotado de 1.715 M€ para o periodo 2007-2013, busca optimizar o uso e desenvolvemento das mellores infraestruturas de investigación existentes en Europa e axudar a crear, en todos os campos da ciencia e a tecnoloxía, as novas infraestruturas de investigación de interese paneuropeo que necesita a nosa comunidade científica para manterse na vangarda da investigación. As actividades financiadas dentro deste programa pódense agrupar en tres áreas principais: - Apoio ás infraestruturas de investigación existentes. - Apoio a novas infraestruturas de investigación (ou actualización considerable dalgunha das existentes). - Medidas de apoio, incluído o respaldo das necesidades emerxentes. O evento contará coa participación da NCP, María Victoria Ortega, que dará a coñecer as novas convocatorias FP7-INFRASTRUCTURES-2010-1 e 2 (abertas o pasado 30 de xullo), así como doutros expertos que tratarán as actividades de apoio ás Infraestruturas Científicas no FP7, a folla de ruta de ESFRI (Foro Europeo Estratéxico sobre Infraestruturas de Investigación), as e-Infraestruturas no FP7 e os aspectos legais e financeiros destes proxectos. Así mesmo, ofrecerase a posibilidade de concertar unha entrevista persoal coa NCP para a revisión de propostas. Todos aqueles interesados tedes que enviar un resumo da mesma (1 folla máx.), antes do 25 de setembro. Podedes ampliar a información sobre o programa "Infraestruturas da Investigación" na seguinte ligazón: http://cordis.europa.eu/fp7/capacities/research-infrastructures_en.html Para todos aqueles interesados en asistir a esta xornada, enviamos achegado o programa e o boletín de inscrición. A data límite de inscrición é o 28 de setembro. |
|
|
Colaborar para innovar: as oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia |
|
|
|
Novas -
Eventos
|
|
 Acto central do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación en Galicia. · Data: 16 de setembro de 2009. · Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. Santiago de Compostela. A Consellería de Economía e Industria organiza esta xornada, enmarcada na celebración do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación, co obxectivo de estimular a participación galega nos programas estatais que xestionan o Fondo Tecnolóxico, a través da presentación aos axentes do Sistema Galego de Innovación dos instrumentos a través dos que poden optar a el, así como da exposición de proxectos galegos que xa foron aprobados. Para obter máis información e inscribirse consulte: http://economiaeindustria.xunta.es/ga/dxidi/index.php?mod=age |
|
EUMINAfab se abre a la empresa y la ciencia |
|
|
|
Novas -
Eventos
|
|
EUMINAfab («Infraestructura europea de micro y nanofabricación y caracterización») ha abierto sus puertas, en el sentido virtual, y ya ofrece a los investigadores de la industria e instituciones científicas un acceso libre a máquinas y conocimientos relacionados con las micro y nanotecnologías. http://cordis.europa.eu/fetch?CALLER=ES_NEWS&ACTION=D&SESSION=&RCN=31205 |
|
Oportunidades para as PEMEs en Europa |
|
|
|
Novas -
Eventos
|
|
A OPIDi, en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica de Materiais e Procesos de Fabricación (MPF 2020), está a organizar a Xornada "Oportunidades para as PEMEs en Europa", que terá lugar o vindeiro 14 de xullo en Ferrol (Edificio CIS T&D), con motivo da convocatoria 2010 de “Investigación en beneficio das PEMEs” do FP7, que ten prevista a súa apertura o 30 de xullo de 2009 (orzamento: 136,84 M€). O evento contará coa participación de Fernando Trabada, Xefe da Unidade T4 – PEMEs da Dirección Xeral de Investigación da CE, e con Anxo Moreira, Experto Nacional do Programa Persoas, que falarán dos programas específicos para PEMEs encadrados dentro do FP7. Por outra banda, expertos do CDTI tratarán a nova ferramenta para a busca de socios da “NCP SME Network” e outros Programas internacionais de I+D+i (EUREKA, IBEROEKA, etc.). Por último, expertos galegos transladarán a súa experiencia no programa “Investigación en beneficio das PEMEs”. Asimesmo, ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas para a revisión de propostas cos expertos dos diferentes programas. Aqueles interesados terán que enviar un resumo da mesma (1 folla máx.), antes do venres, 10 de xullo de 2009. Podedes ampliar información sobre o programa “Investigación en beneficio das PEMEs” nas seguintes ligazóns: http://cordis.europa.eu/fp7/capacities/research-sme_en.html http://ec.europa.eu/research/sme-techweb/pdf/sme_funding_es.pdf . Para todos aqueles interesados, enviamos achegado o programa da xornada e o boletín de inscrición. |
|
Novas -
Eventos
|
|
 EuroNanoForum 2009 is the fourth conference of a set of international nanotechnology conferences organized within the framework of national Presidencies of the European Union. It will be a 4-day conference taking place from 2nd to 5th of June 2009, at the Prague Congress Centre, as an official event of the Czech Presidency, under the auspices of the Czech Ministry for Education Youth and Sports and with the support of the Industrial Technologies Programme of the European Commission. Focusing on “Nanotechnology for sustainable economy”, EuroNanoForum 2009 will address the contribution and challenges of nanotechnology research for a sustainable development of European industry and society, such as the need for reduction in carbon emissions and fossil fuels dependence, the substantial increase in energy demand, pollution control, clean water management and sustainable quality of life of the European citizen, as well as material production sustainability and efficiency. In this respect, nanotechnology presents many opportunities and challenges that have to be analyzed at international level through a safe, responsible and integrated approach, as first presented by the ENF2003 conference. By addressing the state-of-the art of key application areas of nanotechnology research and development, the Forum will create a unique opportunity for researchers and industrial experts coming from diverse fields of science and technology to meet, discuss and co-operate, and to contribute to the definition of a European nanotechnology strategy after 2009. In addition to the different sessions, the thematic workshops, and the poster exhibition with award attribution, an industrial exhibition will show the state-of-the-art of the implementation of nanotechnology into industrial products. The EuroNanoForum 2009 conference will also be accompanied by an independent and unique set of outreaching and communication activities devoted to the general public. More information: http://www.euronanoforum2009.eu/ |
|
Novas -
Eventos
|
|

Over 250 companies, organizations and international pavilions will be exhibiting at the Nanotech Expo. Exhibitors will include equipment manufacturers and suppliers, systems providers, finance and investment firms, R&D companies, project developers, trade associations, and government agencies. In addition to the products and services you will see at the Nanotech Expo, you will have access to valuable content, including Keynote Presentations, Product Demonstrations and Educational Sessions from today’s industry leaders. More information: http://www.nsti.org/Nanotech2009/ |
|
II Conferencia do Forum Euro-Latinoamericano de Torino |
|
|
|
Novas -
Eventos
|
|
Do 1 ao 3 de abril de 2009 · Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro. Santiago de Compostela. A Dirección Xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria patrocina e acolle a II Conferencia do Forum Euro-Latinoamericano de Torino, que se celebrará en Santiago de Compostela do 1 ao 3 de abril baixo o título "Sistemas rexionais de innovación: da visión á realidade". Este Forum ten como propósito central reunir aos principais actores institucionais, públicos e privados, interesados na utilización de coñecementos e innovacións tecnolóxicas no desenvolvemento local de América Latina e Europa. As rexións socias do Forum son: Galicia e Castela e León (Estado español), Piemonte (Italia), Rhône Alpes (Francia), Córdoba, Mendoza e Rafaela (Arxentina), Valparaíso e Antofagasta (Chile), Santa Catarina e Minas Gerais (Brasil), Antioquía e Valle del Cauca (Colombia), Estado de Jalisco e Sonora (México). A Conferencia que se celebrará en Galicia está dirixida a todos aqueles axentes que participan dos procesos de innovación nas súas rexións e que están interesados en ampliar os seus horizontes de colaboración internacional: axencias de desenvolvemento e de promoción da innovación, asociacións empresariais, clústers, centros tecnolóxicos, universidades, sector financeiro, etc. Ao longo dos tres días levaranse a cabo sesións plenarias, traballo en grupo e visitas técnicas a institucións galegas. Os temas xerais escollidos para os grupos de traballo son “Tecnoloxía para alimentos” (grupo dirixido por Lorenzo Miguel Pastrana Castro, director do Centro de investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo); “Enerxías renovables” (grupo dirixido por Claude Graff, presidente de Tenerrdis- Francia); “Xestión medioambiental” (grupo dirixido por Juan M. Lema Rodicio, catedrático de Enxeñería Química da USC, e José Álvarez Díaz, presidente de SOGAMA) e “TICs” (grupo dirixido por Giovanni Colombo, do European Institute of Innovation and Technology- Italia). * Completa información, programa e inscrición en: http://www.forumtorino.org/index.php?IDpage=737〈=ita |
|
|